É o ano 1589. O Imperio Español, con Felipe II, encabeza unha hexemonía mundial sen precedentes, pero un gran poder tamén trae inimigos perigosos. Isabel de Inglaterra, que mantiña unha especial rivalidade co monarca español, destruíra o ano anterior a Armada Invencible no Canal da Mancha.
Aproveitando a humillación española, envía unha enorme frota liderada polo temido corsario Francis Drake cara ás costas españolas, coñecida como a Invencible Inglesa ou a Contra Armada…